CELGA. Probas para obtención de Certificados de lingua galega

CELGA. Probas para obtención de Certificados de lingua galega
0
0
0
s2smodern

 

No DOG nº 76, do 13 de setembro de 2021, convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

  • As persoas destinatarias son os maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
  • As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, en Santiago de Compostela e en Ponferrada, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
  • As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
  • O prazo de inscrición e de pagamento estará aberto do 14 de setembro ao 4 de outubro de 2021. O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada). As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
    • a) Xustificante de pagamento da taxa (código 304401). As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, logo da xustificación documental, estarán exentas do pagamento desta taxa.
    • b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

 

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

As persoas interesadas presentaranse o día de realización das probas, na sede e na hora que se publiquen na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas, irán provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo. Non se admitirá ningún tipo de material de apoio. Ademais, deberán respectarse todas as normas de prevención e hixiene que se establezan por mor da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

A duración das probas é a seguinte:

Probas do Celga 1: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

Probas do Celga 2: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

Probas do Celga 3: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e media e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

Probas do Celga 4: a proba escrita terá unha duración de tres horas e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

 

A proba oral correspondente a cada nivel Celga será posterior á proba escrita. Unha vez que remate a proba escrita publicaranse, na sede correspondente, os chamamentos para a proba oral, nos cales se indicará a hora en que cada persoa deberá estar presente para realizala. A proba oral será gravada como garantía do proceso. O chamamento, tanto para a proba escrita como para a proba oral, será único. Quen non se presente cando este se efectúe perderá o dereito á realización da proba.

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística expediralles os certificados ás persoas que superen as probas. Os certificados constarán nun rexistro oficial en que figurarán os seguintes datos: nome e apelidos, número de DNI, NIE ou pasaporte, lugar, data e resultados das probas e identificación alfanumérica dos certificados. A solicitude para participar nas probas comporta a autorización para o tratamento telemático dos citados datos para este fin.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".