Bombeiros/as Forestais. Data, lugar e hora do 1º exercicio

Bombeiros/as Forestais. Data, lugar e hora do 1º exercicio
0
0
0
s2smodern

 

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixiante fixo/a, bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba e bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

 

Na sesión que tivo lugar o día 26 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo), modificada pola Resolución do 8 de setembro de 2021 (DOG núm. 176, do 13 de setembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar na Feira Internacional de Galicia en Silleda, en chamamento único para cada especialidade, que se distribuirá como se detalla a continuación:

Captura de pantalla 2021 11 03 101826

 

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 

Accede á resolución do DOG

 

 

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".