Comisión permanente de listaxes de contratación temporal D.37/2006

Comisión permanente de listaxes de contratación temporal D.37/2006
0
0
0
s2smodern

 

Realizada a reunión mensual da Comisión Permanente de Listas, o pasado día 3, a maiores das cuestións ordinarias de revisión de reclamacións, tratáronse as seguintes:

COBERTURA DE PRAZAS DAS CATEGORÍAS DE GOBERNANTÍA:

Incidimos en que existe un problema coas titulacións, en tanto que a titulación requirida é a de Técnico/a Superior en aloxamento ou equivalente.

UGT e CCOO temos presentado unha alegación, ao respecto destas especialidades, á Lei de medidas actualmente en negociación no Parlamento de Galicia. Consideramos que o encadramento realizado mediante a Orde do 10 de marzo de 2021, situándoas como equivalentes ao Corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, é incorrecto. Polo anterior propoñemos a modificación do dito cadro de homologacións situándoas, dentro da disposición adicional oitava, na Escala técnica de Gobernantía, tanto á categoría III-004 (Gobernate/a), como á III-078 (Subgobernante/a), requirindo a titulación de Técnico Superior en Aloxamento ou equivalente.

Entendemos, polo anterior, que si ben neste momento as persoas están en proceso de inclusión en listas únicas, deberá terse en consideración a posibilidade de que se acepte a modificación proposta e se lles abra novo prazo, de ser o caso.

Contestan que haberá que esperar á RPT para ver si filtran por titulación ou non, pero que si están incluídas nun C1 de Corpos Xerais todo parece indicar que non se vai a requirir titulación específica.

LISTAXES DAS CATEGORÍAS DE PSX E XEROCULTOR/A:

En tanto que existe unha Sentenza recaída sobre demanda interposta por CSIF ao respecto da apertura de ambas listas, informan que a decisión tomada é que se volverán a abrir as listas para inclusión de novas persoas interesadas en ambas categorías. Prevén ditar resolución ao respecto, intentando conservar os actos e polo tanto o pagamento de taxas xa realizado polos solicitantes iniciais.

TEMPO DE PENALIZACIÓN:

Co fin do estado de emerxencia sanitaria retornouse á penalización de un ano e á reincorporación efectiva aos dez días. A previsión que se manexa é incluír unha disposición na lei de medidas, que contemple o mantemento da penalización dos 6 meses e a reincorporación inmediata ao día seguinte, posto que o consideran máis procedente.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".