Quenes somos.

0
0
0
s2smodern

 

¿Que é a FeSP e quen a forma?

A Federación de Servizos Públicos é a Federación máis importante, por número de afiliados e en estrutura, de UGT.
FeSP-UGT está integrada polos Empregados Públicos (persoal laboral, funcionarios e estatutarios) que prestan servizos en ministerios, organismos autónomos e da Seguridade Social, Administración de Xustiza, Comunidades Autónomas, Sanidade Pública e Privada, Correos, administracións locais, traballadores/as de entes ou empresas de xestión indirecta ao servizo público e demandantes de primeiro emprego con expectativas de traballo nas Administracións Públicas.

¿Como nos organizamos?

Integran FeSP-UGT Estatal as federacións rexionais ou de Comunidade Autónoma, as federacións provinciais (nalgúns territorios) e os sindicatos comarcais e seccións sindicais de empresa ou centro de traballo.

Desde o VIII Congreso (Madrid, 2009), FSP-UXT está organizada en once secretarias: Xeral, Administración e Finanzas, Organización, Formación, Acción sindical, Saúde, Sociosanitario e Dependencia, Muller e Igualdade, Local, Autonómica e Servizos á Comunidade, Administración Xeral do Estado, Saúde Laboral e Medio, e o Sector Postal.

¿Como actuamos?

A Federación de empregadas e empregados dos Servizos Públicos forma parte da UGT; por tanto, é unha organización de inspiración socialista. Por este motivo, non é apolítica nin neutral ante as diversas opcións na forma de organizar e entender a sociedade. Proclama a súa adhesión e defensa da democracia, avoga por un Estado social e democrático de dereito e propugna que a liberdade, a xustiza e a igualdade deben ser reais e efectivas. Antepoñemos os intereses dos traballadores a calquera outro.

FeSP-UGT actúa de maneira democrática na toma de decisións internas; con eficacia no noso funcionamento; solidaria entre os organismos que a integran, os seus afiliados e o conxunto das empregadas e empregados públicos e con responsabilidade na negociación colectiva e nas relacións coas distintas Administracións Públicas e Organizacións Empresariais.

¿Que servizos prestamos?

Entre outros, os servizos máis destacados que prestamos aos nosos afiliados son:

- Un Gabinete Xurídico que asesora individualmente ás afiliadas e afiliados, e para iso conta con letradas e letrados que atenden todo o territorio español.

- Formación, con plans propios nos distintos ámbitos da Administración, xestionados polos organismos territoriais e por FORO de Formación e Edicións, seccións sindicais en todos os organismos públicos, con innumerables delegados sindicais -Gabinete de Prevención de Riscos Laborais- Páxinas web na internet e diversos servizos ao afiliado como acordos comerciais de desconto (tarxeta VISA FeSP, ópticas, saúde bucodental, osteoporose, tarxeta desconto carburantes...), acordo con SINTAP Portugal para a atención mutua a traballadoras e traballadores do sector sanitario en España e Portugal; ademáis doutra serie de servizos como campamentos de verán para fillas e fillos de afiliadas e afiliados, residencias de tempo libre, etc...

Cales son os nosos obxectivos?

Dende FeSP-UGT defendemos uns servizos públicos eficientes e fortes que garantan un Estado de Benestar real e amplo. Traballamos na armonización de Convenios e Leis que permitan conseguir retribucións dignas, sistemas de formación e promoción axeitados e unha seguridade social suficiente. Tamén elaboramos alternativas para que os diferentes servizos públicos garantan tanto o desenvolvemento humano das empregadas e empregados públicos, como a máxima eficacia e o mellor servizo á colectividade.

Entendemos que é a mellor forma de conseguir un dos nosos principáis obxectivos: a defensa dos Servizos Públicos.

Como afiliarse?

Se estás interesada ou interesado en afiliarte á FeSP-UGT podes cursar a solicitude de alta acudindo a calquera das nosas sedes, onde gustosamente atenderémoste, ou cumprimentando o noso FORMULARIO DE AFILIACIÓN.

 

Más en esta categoría: Comisión Executiva Nacional »
volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".