Pleno comité de seguridade e saúde laboral de política social(05/02/2021)

Pleno comité de seguridade e saúde laboral de política social(05/02/2021)
0
0
0
s2smodern

CONSORCIO GALEGO DE SERVICIOS DE IGUALDADE E BENESTAR:

  • Uniformidade:

Solicitase explicación sobre a falta de uniformes. sobre todo para o persoal temporal.

Aclaran que en Escolas Infantís están procedendo a comprobar ao persoal que lle falta para solucionar o problema. Na Área de Maiores afirman que están entregadas todas as uniformidades e que teñen un excedente do 60% para o persoal substituto.

  • Máscaras FFP2:

Solicitamos a súa dotación para todos os centros, e sobre todo nos que non estea garantida a distancia de seguridade coas persoas usuarias que non usen ou non poidan usar máscara.

Responden que dispoñen un informe de Saúde Pública que afirma que non é necesario o uso das FFP2,  e mentres a Autoridade Sanitaria non cambie o criterio non van a dotar delas ao persoal.

  • Desinfectantes sen fichas técnicas:

Exponse o problema xurdido polo envío aos centros de desinfectantes sen fichas técnicas e están quedando acumulados dando problemas de almacenamento, caducidade e incluso de derrames con produción de vapores.

Resposta: consultaron si existe risco pola emanación de vapores e dende CLONEGAL contestáronlles que  non existe risco, en canto ao almacenamento acordaron que van a solucionar o problema en breve.

  • Sobrecarga de traballo no persoal de servizos centrais:

Responden que son conscientes que na situación actual existe sobrecarga en todos os servizos.

  • Fogar Residencial de Cerceda:

UGT explicamos que tras a presenza dun caso en illamento, o persoal xerocultor ten orde de realizar o depósito do lixo no contedor correspondente pola saída de evacuación ao final de cada quenda. Esta saída non dispón das condicións necesarias para realizar esta tarefa supoñendo un risco para o persoal que ten que levar un contedor do lixo por unha zona sen pavimentar, a intemperie e sen iluminación, en horario nocturno.

A administración limítase a responder que isto é o que o contempla o Plan de Acción do CAPM de Cerceda polo que entende que esta saída ten que estar en boas condicións.

Ante a insistencia de UGT, incidindo no perigo que isto supón para as traballadoras, comprométense a revisar o estado da  zona.

CENTROS CONSELLERÍA POLÍTICA SOCIAL

  • Centro de Menores Avelino Montero:

Acórdase solicitar a realización da enquisa de avaliación de riscos psicosociais neste centro tras a múltiples problemáticas xurdidas.

  • Plan vacinación e cribados:

Solicitase que se unifiquen os criterios de vacinación nos centros, xa que, na mesma área sanitaria, nuns centros exclúese ao persoal en IT e noutros non.

Sobre a realización de cribados aos traballadores, por parte do persoal de enfermería propio, recórdaselle que non é da súa competencia. Solicitamos que todo cribado obrigatorio que realice fora da xornada laboral ten que ser compensado. A administración responde que o valoraran.

 

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".