Modificación parcial da rpt da vicepresidencia segunda e consellería de economía, empresa e innovación

Modificación parcial da rpt da vicepresidencia segunda e consellería de economía, empresa e innovación
0
0
0
s2smodern

A Consellería propón:

  • A creación da Vicesecretaria Xeral de Apoio á Empresa (LD tipo de adscrición A11). Dependentes desta Vicesecretaria Xeral, créanse tres Servizos : Xurídico Administrativo, Desenvolvemento Económico e Apoio Técnico (CE tipo de adscrición A12).
  • Modifícase a estrutura da Secretaría Xeral Técnica logo do traspaso de servizos á Consellería de Emprego e Igualdade, manténdose as subdireccións Xerais de Coordinación Administrativa e Coordinación Económica.
  • A creación da nova estrutura:
    • non supón a amortización de prazas.
    • non vai supoñer un incremento do gasto orzamentado neste ano 2021, ao estar previsto na Lei de Orzamentos da CCAA para o exercicio 2021.

FeSP-UGT formula a necesidade de aproveitar o proceso aberto coa modificación parcial da RPT para abordar unha futura modificación global da mesma atendendo ás demandas dos diferentes colectivos de empregadas e empregados públicos directamente afectados, entre outras, as relativas aos postos de traballo Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas, a SXT asume o compromiso de tratar esta cuestión nunha futura modificación global de RPT.

Temos a impresión de que se está a complicar un chisco a negociación con Emprego polo reparto de áreas e polo tanto de persoal, e a isto debemos xuntar as presas que parecen ter por dotarse dunha estrutura administrativa para realizar a xestión dos fondos comunitarios de reconstrución económica.

Informan de que están a traballar na elaboración da RPT da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".