Xuntanza coa axencia galega de calidade alimentaria – Agacal: proxecto de bases para a contratación temporal de persoal investigador

Xuntanza coa axencia galega de calidade alimentaria – Agacal: proxecto de bases para a contratación temporal de persoal investigador
0
0
0
s2smodern

Despois dunha primeira xuntanza, celebrada o pasado 16 de febreiro de 2021, na que dende a xerencia da AGACAL expúxose o proxecto de bases para a contratación temporal de persoal investigador, abriuse un prazo para a presentación de alegacións por parte das organizacións sindicais.

Unha vez analizadas as achegas, hoxe procedeuse a realización dunha xuntanza para expoñer o novo borrador das bases, no que se efectuaron cambios importantes, a partir das citadas alegacións, calificadas pola xerencia da entidade coma rigorosas, traballadas e de grande utilidade para a depuración do texto inicial.

A modo de resumo indicar que as modificacións máis significativas afectaron a: cambios no item procedimental coa habilitación dun procedemento exclusivo na sede electrónica da Xunta de Galicia, á revisión e cambio de criterios de baremación, á ampliación dos prazos de emenda, ou ao establecemento dunha comisión de selección.

FeSP-UGT, segundo se recolle nas alegacións presentadas, en tempo e forma, á proposta presentada inicialmente, SOLICITOU:

  • A limitación da participación das persoas interesadas nun número determinado de listas, tendo en conta as especifidades dos distintos sectores de actividade, así como das liñas de investigación incluídas neles, por entender que non xenera máis oportunidades nas persoas participantes e sen embargo, increméntase de forma excesiva e innecesaria o volume de documentación e expedientes.
  • A aplicación, sempre que sexa posible, do establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no tocante á presentación da documentación complementaria á solicitude presentada.Aceptada
  • A realización das notificacións por medios electrónicos.Aceptada
  • A determinación clara e definida de requisitos previos indispensables, e completamente independente da baremación doutros méritos.Aceptada
  • O equilibrio na baremación da investigación nos distintos ámbitos, tanto dentro das Administracións Públicas coma das empresas privadas.Aceptada
  • A maior preponderancia, dada a súa maior importancia e dificultade de acceso, das publicacións SCI fronte a outras.
  • A inclusión da valoración doutras linguas comunitarias, distintas do inglés.Aceptada
  • O establecemento dunha Comisión Paritaria de Selección (Administración/OOSS), para a elaboración, control e seguimento das listas.
  • A ampliación dos prazos establecidos para poder emendar e para interpor reclamación. Aceptada.
  • A aplicación, con carácter excepcional, de procesos selectivos con base nas listas de contratación temporal para contratos unicamente de dous anos de duración ou superior.Aceptada
volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".