Instrucións sobre a cobertura mediante determinadas figuras de provisión temporal de postos clasificados como de persoal laboral

Instrucións sobre a cobertura mediante determinadas figuras de provisión temporal de postos clasificados como de persoal laboral
0
0
0
s2smodern

A Dirección Xeral da Función Pública publicou hoxe unhas Instrucións coas medidas previstas para a atender a provisión temporal de postos, tal e como avanzara na Mesa Xeral da semana pasada, o contido das medidas é:

ADSCRICIÓNS TEMPORAIS E SUPERIORES CATEGORÍA

A provisión urxente e inaprazable de postos das categorías de:

  • Xestión, administrativo e auxiliar de administración xeral, corpo superior e de xestión das escalas de sistemas e tecnoloxía da información e escala de persoal subalterno da agrupación profesional do persoal funcionario de administración xeral da Administración Xeral
  • Realizarase con carácter xeral mediante persoal laboral temporal (listas).
  • Medicina, psicoloxía, pedagoxía, enfermería, educador, fisioterapia, traballo social, terapia ocupacional, xardín de infancia e auxiliares de clínica dos corpos facultativos de administración especial,
  • Poderase realizar mediante adscrición temporal e mobilidade funcional de desempeño en funcións de superior categoría ata a data límite do 30 de xuño de 2021.

Ás convocatorias que se realicen tamén poderá concorrer o persoal laboral indefinido e persoal laboral temporal con contrato de interinidade por vacante.

  • Restantes categorías pendentes de inicio dos procesos de funcionarización.
  • Poderanse seguir cubrindo mediante adscrición temporal e mobilidade funcional de desempeño en funcións de superior categoría.

Ás convocatorias que se realicen tamén poderá concorrer o persoal laboral indefinido e persoal laboral temporal con contrato de interinidade por vacante.

  • Consecuencias da adscrición temporal ou de desempeño de superior categoría de persoal laboral indefinido e de persoal laboral temporal.
  1. A concesión dunha adscrición temporal ou superior categoría a persoal laboral indefinido ou a persoal laboral temporal implicará a reserva do posto de traballo ao que estiveran adscrito anteriormente mentres dure a adscrición, sen prexuízo do disposto no punto 3 deste apartado.
  2. O cesamento no posto no que figuren en adscrición producirase, ademais de polas causas xerais de extinción, en virtude dos procesos de provisión definitiva previstos no convenio colectivo.
  3. O cesamento no posto reservado producirase polas causas legais de extinción e implicará tamén en todo caso o seu cesamento no posto no que estivera adscrito temporalmente ou en superior categoría.

PERMUTAS

  1. Poderanse conceder permutas ao abeiro do artigo 17 do V Convenio colectivo único ao persoal laboral indefinido e ao persoal laboral temporal con contrato de duración determinada por interinidade por vacante.
  1. Ademais de reunir as circunstancias previstas no mencionado artigo, será necesario que os dous solicitantes estean unidos aos respectivos postos por idéntica relación contractual de fixeza, indefinición ou interinidade por vacante, de forma que non se vexan alteradas as situacións administrativas dos postos de traballo permutados.

3. O persoal quedará unido ao posto que resulte da concesión da permuta co mesmo carácter e relación laboral que mantiña no posto de traballo de orixe.

Por fin a Administración atende á reclamación de UGT ao respecto do dereito á permuta entre persoal temporal, como así o recoñecen sentenzas desta Organización.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".