Procesos selectivos (xullo): Nota informativa de realización de probas

  • Visto 27 veces
Procesos selectivos (xullo): Nota informativa de realización de probas
0
0
0
s2smodern

A Dirección Xeral da Función Pública achegou por medio de correo electrónico ás OOSS, nota informativa pública referente aos procesos selectivos a celebrar o día 3 de xullo de 2021.

NOTA INFORMATIVA DE PROCESOS SELECTIVOS

Previsión de convocatorias de exercicios a desenvolver en xullo de 2021

A Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública,  para establecer  medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Froito de dita habilitación, publícase a previsión das datas  e lugares nos que esta previsto que se realicen os procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada polo covid-19.

 Ditos procesos poderán celebrarse en distintas sedes  e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e  polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas.  A sede na que se desenvolveran ditos procesos sera:

  • SILLEDA: Feira Internacional de Silleda. Recinto Feiral, s/n - 36540 Silleda

 Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas  as persoas aspirantes poderán comprobar na  páxina Web da Dirección Xeral da Función Pública,  tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada,  a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.

A celebración  de ditos  procesos  conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia.

Proceso selectivo

Prazas convocadas

Nº. aspirantes

Data exercicio

Nº exercicio

Hora chamamento

Lugar

Pavillón

A1 PI

46

82

3.07.2021

9:00 h

Silleda

1

C1 PI

195

991

3.07.2021

9:00 h

2

A2 PI

127

465

3.07.2021

16:30 h

1

C2 PI

52

119

3.07.2021

16:30 h

2

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".