UGT solicita a función pública resolución do concurso de traslados con apertura a novas prazas vacantes xeradas desde a convocatoria

  • Visto 44 veces
UGT solicita a función pública resolución do concurso de traslados con apertura a novas prazas vacantes xeradas desde a convocatoria
0
0
0
s2smodern

UGT Servizos Públicos solicitou a Función Pública a apertura inmediata dun novo prazo de solicitude, que de xeito voluntario e opcional, permita ás persoas solicitantes optar a todas as prazas obxecto de xubilación e outras circunstancias, que deben de ser ofertadas e ocupadas mediante este procedemento de provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Apelamos ao dereito das persoas a participar nos procesos selectivos deseñados para a consolidación e estabilización de prazas, e solicitamos a súa celebración o máis axiña posible, e o establecemento dun sistema que conxugue, sen entorpecer, os dereitos subxectivos do colectivo mencionado cos das persoas admitidas no concurso ordinario.

En novembro de 2019 publicouse a Resolución de convocatoria do concurso ordinario da Administración Xeral, é de considerar a larga interrupción que sobre o procedemento en marcha, se produce por mor da situación xerada polo estado de alarma, como consecuencia da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

O tempo transcorrido dende a convocatoria do concurso no que figuran as prazas ofertadas nos buzóns de postos, é excesivo e inaceptable, e está supoñendo que este procedemento chegue aos dous anos de duración.

Segundo establece o artigo 89.2 da Lei 2/2015,de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, os concursos para a provisión de postos de traballo poden convocarse para a xeneralidade dos postos de traballo vacantes, para postos de traballo dun determinado ámbito ou para postos de traballo concretos, en atención ás necesidades do servizo”, e neste caso o retraso acumulado, altera significativamente a concreción da xeneralidade dos postos concretada nos buzóns ofertados, xa que dende o inicio do procedemento producíronse multitude de vacantes por xubilacións e outras circunstancias, non incluídas nos referidos buzóns, e que son obxecto, en moitos casos, de ocupación mediante comisións de servizos, polo que se produce menoscabo dos dereitos do persoal da Administración Pública Autonómica,

A situación sanitaria comentada e a necesidade da realización con carácter previo dos procesos selectivos que afectan a prazas de estabilización de emprego temporal, consonte ao establecido no Acordo de concertación do emprego público, xustifica a interrupción de prazos, pero en ningún caso impide a adopción de medidas que garantan os dereitos das persoas admitidas no proceso, permitindo corrixir ou paliar as consecuencias de ditas suspensións.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".