XUNTANZA COMISIÓN SEGUIMENTO ACORDO CONCERTACIÓN

  • Visto 54 veces
XUNTANZA COMISIÓN SEGUIMENTO ACORDO CONCERTACIÓN
0
0
0
s2smodern

Funcionarización prazas de corpos xerais. Efectos

A partir do 1 de xullo, está prevista a publicación dunha Orde que habilitara o nomeamento como persoal funcionario de carreira ao persoal laboral fixo que superou dito proceso. Previamente modificarase a RPT coa equivalencia dos postos de persoal laboral que pasaran a postos de persoal funcionario.

Este proceso comezará polo los postos da ADMINISTRACIÓN XERAL.

Garantías recollidas no acordo de concertación

  1. A principal garantía do proceso de funcionarización é que non suporá perda retributiva.
  2. Haberá un incremento adicional “liquido a percibir”, na nómina superior ao 2%, polas contías que se descontaban para a cotización por desemprego e outros axustes.
  3. Consolidase como persoal funcionario o recoñecemento do grao I da carreira profesional.
  4. Aplicarase un complemento de funcionarización por antigüidade cando os trienios recoñecidos como persoal laboral foran dunha contía superior a resultante dos trienios de persoal funcionario, e a diferenza se aboará en 14 pagas nun complemento non absorbible.
  5. O primeiro trienio, que se perfeccione despois da funcionarización será recoñecido coa contía que máis lles beneficie.
  6. Os complementos de carácter persoal recoñecidos (axuda do fondo de acción social ou outras axudas do V Convenio) os seguirán percibindo, así como o pago da nocturnidade, aos que sigan realizando noites.
  7. O persoal que non superou ou non participou voluntariamente no proceso de funcionarización, continuará no seu posto de traballo ata o momento no que deixe de prestar servizos, conservando os seus dereitos como persoal laboral fixo.
  8. O persoal laboral temporal figurará na RPT coa observación de posto ocupado por persoal laboral, e cando cese, este se ocupará por persoal funcionario interino.
  9. O persoal que solicitou o grao I de carreira e non se apuntou ou non se presentou a proba sen xustificación ou non superou o proceso de funcionarización, deixará de percibir o pago do grao I da carreira, dende o 1 de xullo.

Pouco a pouco se vai constatando que o recollido no acordo se vai facendo realidade e coas máximas garantías para o persoal afectado, e así seguirá sendo no resto do desenvolvemento do acordo de concertación. Solo é cuestión de tempo que aqueles que se opuxeron, se opoñen e que seguirán opoñéndose,  sexan desenmascarados.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".