Resumo do consello reitor EGAP

Resumo do consello reitor EGAP
0
0
0
s2smodern

 A directora expón amplamente o resumo de actividades e os datos de xestión económica. Informa do Premio nacional en innovación recibido pola Escola por UNIVERSO EGAP INNOVA.

Interveñen as persoas representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, asistiu CSIF pero non fixo uso da palabra. As felicitacións e recoñecemento a labor da Escola e do seu persoal son unánimes.

UGT manifestamos a felicitación polo Premio nacional a Directora e a todo o persoal da Escola que fan posible o esforzo de cumprir coa programación de actividades, de promover segundas edicións das accións máis demandadas, de desenvolver un plan formativo específico en igualdade e violencia de xénero amplo e  ben valorado, así como o plan de teleformación e o plan ofimático. Destacamos tamén a mellora na formación de acompañamento a promoción interna.

Continuamos agradecendo o tratamento ás nosas propostas por parte do Secretario Xeral da Escola e enlazando coa transparencia e obxectividade, e a procura de mellorar a atención ás necesidades formativas dos empregados e empregadas públicos, UGT solicita:

  • Planificar formación de reciclaxe no suposto de caducidade da formación, con módulos de actualización que non teñen que supoñer repetir toda a acción formativa.
  • Planificar a formación continua e os criterios de selección de alumnado para dar cobertura ao desenvolvemento profesional e carreira profesional horizontal e vertical.
  • Establecer criterios obxectivos de selección de alumnado e darlle publicidade.
  • Establecer criterios obxectivos de incorporación de formadores, darlle publicidade.
  • Oportunidade de incorporarse ao rexistro de formadores a empregados e empregadas públicos, xa que é un mérito para o desenvolvemento profesional e carreira profesional.
  • Transparencia e coñecemento do rexistro de formadores por parte das Organizacións que conforman este Consello reitor da EGAP.
  • Implementar curso específico sobre aplicativos de xestión específicos do persoal de Xustiza que procede de outras CCAA.
  • Ampliar a formación específica
  • Desenvolver os soportes en materia de elaboración de temarios e preparación de probas de acceso o emprego público de acceso libre e estabilidade, e adecualos os cambios nas tipoloxías dos procesos selectivos que se poidan implementar.

En todo o relativo a mellora da oferta de actividades, de criterios de selección de alumnado e de formadores, entendemos que a representación do persoal empregado público debería poder participar nunha Comisión ad hoc deste Consello Reitor.

A Directora da Escola agradece en nome de todo o persoal o recoñecemento ao seu traballo, que asume tamén as tarefas do centro especializado IEP dependente da propia Escola, nos remite ao buzón para facer as achegas e non estima preciso máis canles posto que a simplificación é un obxectivo que ten asumido.

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, que preside o Consello Reitor sinala os tres retos en formación da Escola: xestión fondos UE, teletraballo e igualdade e violencia de xénero.

UGT espera que se tomen en consideración as propostas realizadas e se atendan por ser materia de negociación colectiva.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".