Xuntanza comisión seguimento acordo concertación e presentación das emendas aos grupos parlamentarios

Xuntanza comisión seguimento acordo concertación e presentación das emendas aos grupos parlamentarios
0
0
0
s2smodern

Cuestións principais tratadas

  • Recuperar o pago da carreira profesional extraordinaria nos termos pactados, garantindo o pago correspondente ao ano 2021, unha vez desbloqueada a sentenza da CIG.
  • Incluír ao persoal interino e temporal, nos termos da mellora do acordo do 23 de xullo de 2019
  • Eliminar a Disposición Transitoria 1º bis da Lei de Emprego Público de Galicia, sobre “interinización” do persoa laboral temporal.

O obxectivo é desatascar a situación creada por unha sentenza que o único que conseguiu foi a paralización do pago da carreira profesional extraordinaria a todos e todas.

  • Confirmación de que os Bombeiros/as Xefes de Brigada que teñan a equivalencia expedida polo Ministerio de Educación, do título de Capataz Forestal co de TÉCNICO, poderán, en virtude do que recolle o EBEP, funcionarizarse no subgrupo C1, mantendo a denominación e as mesmas funcións que viñan realizando.
  • Valorar positivamente as pequenas melloras de considerar o 24 e 31 de decembro como 2 festivos máis para os que os traballen, volver ás quenda diúrnas de 7-7 e ás diúrnas/nocturnas de 7-7-10 e considerar as “X” en carteleira, como días efectivos de traballo.

Pero indicar que estes avances seguiran sendo insuficientes, mentres non se restitúan as compensacións por traballar en festivos e domingos.

 

Como a administración segue sen aceptar/confirmar, na Lei de medidas, as cuestións que se relacionan, trasladámolo aos grupos parlamentarios para que o incorporen como emendas:

  • Artigo 80 – Promoción interna a corpos de subgrupos de clasificación non necesariamente inmediatamente superior, segundo o artigo 18 do TREBEP.
  • Artigo 80 bis – Promoción interna temporal, para cubrir necesidades de servizo temporal, en termos parecidos ao recollido no estatuto marco do SERGAS.
  • Disposición Transitoria Primeira – que se estableza a data do TREBEP, 5/2015 de 30 de outubro, para os efectos da funcionarización do persoal laboral fixo.
  • Disposición Transitoria Primeira bis – que se elimine esta disposición, para que as prazas funcionarizadas poidan seguir sendo ocupadas por laborais temporais.
  • Disposición Transitoria Oitava – Aclarar que a consolidación do grao do persoal laboral funcionarizado, se produce no nivel do posto que xa viña desempeñando, polo que non cabe aplicar o criterio de funcionario de novo ingreso.
  • Disposición Adicional Oitava – creación escalas
    • Axentes policía demanial, especialidade estradas e dominio público hidráulico, no subgrupo C2
    • Enxeñeiros, crear a especialidade de enxeñería informática
  • Disposición Adicional Novena – modificacións
    • Escala Técnica de mantemento e servizos – incluír Ciclo Formativo Superior en automoción ou FP2 en mecánica e electrónica do automóbil.
    • Corpo facultativo superior – na escala facultativa crear a especialidade de inclusión sociolaboral ou intervención sociocomunitaria.
    • Corpo facultativo grao medio – o mesmo
    • Escala de axentes facultativos, especialidade animación sociocultural – por ser recente a nova titulación que habilita para o grupo B, que se permita a funcionarización deste colectivo no grupo C1, mantendo as mesmas funcións, como no caso dos Axentes e dos Delineantes.

Outras cuestións tratadas

 

  • TEXIS – consideran que o certificado habilítante, a pesar do establecido na DA 8º e DT 2ª do RDL 132/2010, non permite acceder a funcionarización. En todo caso diante da nosa insistencia, van solicitar un informe a Consellería de Cultura, Educación e FP para determinar si esta titulación habilítante equivale a unha titulación de TÉCNICO.
  • Criterios para o percibo do complemento de carreira profesional e/ou complemento retributivo análogo, segundo a administración:
  • Seguirano cobrando aqueles:
    • Cuxa categoría non foi proposta a funcionarizar pola Administración.
    • Que carezan da titulación requirida para funcionarizarse.
  • Non o seguiran cobrando aqueles que:
    • Non se matricularon no proceso.
    • Non se presentaron ás probas.
    • Non superaron as probas.
    • Non tomen posesión, logo de ter superado o proceso.
    • Aqueles da categoría III-099 que non se funcionaricen no C2. Os que opten por funcionarizarse no C2, pasaran a cobrar os trienios e carreira dese subgrupo, e se lle aplicaría un complemento de funcionarización para manter a diferencia salarial co grupo III.

Estas casuísticas e algunha máis deben aparecer recollidas para coñecemento de todo o persoal que poida estar afectado polos procesos de funcionarización.

Descargar el informe

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".