Evolución de persoal: 2012 a 2022 Orzamentos Xunta

Evolución de persoal:  2012 a 2022 Orzamentos Xunta
0
0
0
s2smodern

Debemos dicir que a intención inicial era retrotraer o período analizado ao ano 2008, pero as dificultades para o contraste son moitas, dado que a estrutura dos orzamentos non o permite. A desagregación por Consellerías e a variabilidade das mesmas é o primeiro problema, os distintos gobernos ao modificar a estrutura orgánica imposibilitan ter unha evolución clara. O mesmo sucede cos Entes Instrumentais, dos que non se facilitan datos desagregados, nin nos orzamentos máis modernos podemos ter cifras de efectivos dalgún dos Entes máis importantes, como é o caso do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, do que non se desagrega por categorías o seu número, simplemente aparece o montante do capítulo económico correspondente.

Con todo a evolución aporta os seguintes datos tanto de persoal funcionario como laboral:

A análise está realizada tomando en consideración ao persoal da administración xeral, excluído persoal docente e da administración de Xustiza con servizo na CA de Galicia.

O dato parte do ano 2012 con 10.649 efectivos de persoal funcionario para chegar ao ano 2022 cun total de 9.718, o que  significa unha perda de 931 postos de traballo.

Si analizamos a evolución por subgrupos de clasificación funcionarial e laboral obsérvase que:

 0

A evidencia da perda de efectivos prodúcese tanto no ámbito funcionarial como laboral, sendo máis significativa no persoal funcionario. Os gráficos amosan a seguinte estrutura:

 1

Si atendemos a súa desagregación por niveis dentro dos subgrupos temos a seguinte táboa comparativa entre o ano 2012 e 2022:

Comparativa efectivos por niveis anos 2012 – 2022

 

00

Como reflicten as táboas, non existe diferencia substancial nos niveis que abarca o subgrupo A1, afondándose a minoración de postos entre o período analizado nos subgrupos A2, C1 e C2, con perdas de efectivos moi importantes no subgrupo A2 dos niveis 25 a 16, chegando a perder 211 postos no nivel 25 aos 112 no nivel 16; No subgrupo C2 a perda de postos máis importante prodúcese no nivel 12, onde chega a 333 postos. Na Agrupación Profesional desaparecen os poucos postos de nivel 16 que existían en 2012 e hai un lixeiro incremento de 20 postos no nivel 10.

Ao noso xuízo merece especial atención a necesaria revisión e redistribución do número de postos, revertendo a actual situación de pirámide invertida, dotando dun incremento de efectivos nos subgrupos C1, C2 e AP, e dentro deste último grupo, proceder a unha redistribución que equilibre os niveles dos postos en tanto que os niveis 16, 14 e 12 deberían verse ampliados reducindo os postos de nivel 10.

Polo que respecta a perda de número de efectivos no ámbito laboral, nos grupos I, II e III, debería verse compensada co incremento de persoal dos grupos IV e V. En todo caso haberá que estar a ver como evoluciona en función dos resultados da funcionarización en proceso de implementación.

2

3

4

 5

Descargar informa-t

 

 

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".