Oferta pública de emprego 2020 da Xunta de Galicia (01/12/2020)

Oferta pública de emprego 2020 da Xunta de Galicia (01/12/2020)
0
0
0
s2smodern
 

Na reunión da Mesa Xeral de hoxe, a D.X. da Función Pública informou do contido do borrador OPE 2020, ao que FeSP-UGT achegou as seguintes alegacións, tendo en conta o escaso prazo temporal dispoñible para a revisión da documentación aportada. A modo de resumo, para un total de 6.312 prazas, a OPE estrutúrase en:

  • Anexo I (ACCESO LIBRE): 562 prazas (procedentes de cubrir a taxa de reposición de acordo ao establecido no artigo 19.1.7 da Lei de Orzamentos 6/2018, PXE ano 2018).

Dende FeSP-UGT insistimos na necesidade de ofertar todas as prazas vacantes existentes das distintas categorías.

  • Anexo II (ESTABILIZACIÓN): 1.455 prazas (procedentes do proceso de estabilización de emprego temporal de acordo ao establecido no artigo 19.1.9 da Lei de Orzamentos 6/2018, de PXE ano 2018). Inclúese unha taxa adicional para prazas que responden a necesidades estruturais, dotadas orzamentariamente e ocupadas con anterioridade ao 31 de decembro de 2017 (CGSIB).

Dende FeSP-UGT incídese en cumprir o Acordo de convocar categorías profesionais completas e na simplificación de probas. Ademais, cumprir cos Acordos no relativo as prazas de Administración Especial de Medio Rural, no que a oferta é totalmente insuficiente.

  • Anexo III (CONSOLIDACIÓN): 490 prazas (prazas de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais, de conformidade ao dispostos no artigo 28 da Lei 6/2019, Orzamentos Xerais Galicia ano 2020, e no artigo 19.1.7 da Lei de Orzamentos 6/2018, PXE ano 2018).

Dende FeSP-UGT indícase que deberían reflectirse todas as prazas derivadas de sentenzas xudiciais, xa que tense constancia dun número superior ao ofertado.

  • Anexo IV (PROMOCIÓN INTERNA): 395 prazas (prazas ofertadas para realizar en procesos selectivos con convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso).

Dende FeSP-UGT valora que supere o 70% pero incidimos na promoción cruzada, que segue sen convocarse.

  • Anexo V (FUNCIONARIZACIÓN): 3.410 prazas (promoción interna para o persoal laboral fixo, obxecto de funcionarización, nos termos da DTª 1ª da LEPG e da DT 2ª RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro).

Dende FeSP-UGT solicítase información desagregada por categorías profesionais que teñen que saír completas en cumprimento do Acordo de Concertación, valorase que a incorporación de persoal de entes instrumentais  CIXTEG, AUGAS e CES, debe reflectirse no artigo 4 e non diluírse no Anexo V, e especificar as prazas de ditos entes que se inclúen de forma desagregada por categoría. Incluír as prazas fixas do Consorcio Galego de Servizos Sociais e Benestar.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".