Solicitada a reunión da comisión de seguemento do acordo de interinos

  • Visto 29 veces
Solicitada a reunión da comisión de seguemento do acordo de interinos
0
0
0
s2smodern

A estabilidade dos docentes interinos e substitutos, así como a seguridade da comunidade educativa en tempos de pandemia, están a ser comprometidas por un tema de "centímetros."

 

UGT Servizos públicos defende e defendou sempre que sen emprego de calidade non existe a educación de calidade.

 

O anuncio das administracións  de reducir a distancia de seguridade entre alumnado e aumentar as ratios de cara o vindeiro curso escolar  preocúpanos pola posible perda de emprego público que poida implicar.

 

As prazas incrementadas polas exixencias sanitarias debido á pandemia deberíanse manter o ano que vén. Doutro xeito estaríamos a xogar coa calidade da educación e incluso coa seguridade dos alumnos e docentes.

 

Por iso, CCOO ensino, ANPE, UGT Servizos Públicos e CSIF, organizacións asinantes do acordo polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, vimos de solicitar de xeito oficial unha reunión da da Comisión de seguimento do acordo de interinos.

 

Darémosvos cumprida conta das novidades que se produzan ó respecto.

 

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".