Novidades sobre a continuación do proceso de vacinación do persoal dos centros educativos

  • Visto 38 veces
Novidades sobre a continuación do proceso de vacinación do persoal dos centros educativos
0
0
0
s2smodern

Vimos de rematar unha xuntanza na que, a Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, nos facilitou información sobre o proceso de vacinación do persoal dos centros educativos no sistema educativo galego.

 

Destacamos como puntos máis salientables:

 

Proceso de aplicación da  2ª dose vacina COVID-19

 Sistemática de citación: No proceso en probas, que comezou hoxe con outros colectivos prioritarios, realizouse unha chamada telefónica previa preguntando que opción se prefería. Posteriormente enviaríase unha citación por SMS.

Ata o de agora o 95% dos preguntados escolleu Astra Zeneca. Se continua esta tendencia, é posible que se prescinda da chamada previa e se proceda á citación por SMS prevendo un stock suficiente das dúas vacinas para que os citados escollan no momento.

Obriga de firmar un consentimento: Independentemente da vacina coa que se opte por completar a pauta, deberase firmar un consentimento informado sobre as características e posibles efectos secundarios. Xunto coa citación enviarase un link para poder ler, descargar e aportar o consentimento. Tamén estará dispoñible nos puntos de vacinación. A información e os documentos xa están dispoñibles nesta páxina: Consentimento Informado 2ª dose vacina COVID-19

Temporalización: Actualmente o obxectivo é citar ás persoas que xa cumpriron o periodo de 16 semanas dende a primeira dose. Se fora posible, según a dinámica das citacións e as novas remesas que vaian chegando intentaríase adiantar a citación.

Recomendación: A Directora Xeral de Saúde Pública fai fincapé na importancia de completar a pauta independentemente da escolla que se faga. A porcentaxe de protección aumenta considerablemente ó termos as dúas doses.

 

Vacinación de opositores:

No caso de que algunha persoa que participe no proceso selectivo resultase citada a unha hora incompatible coa realización das probas ou tan preto delas que os posibles efectos secundarios puideran perxudicar o seu desenvolvemento, volverán ser citados cunha semana de diferencia.

Acceso a descargar o certificado por parte dos mutualistas de MUFACE:

Manifestadas as dificultades dos mutualistas para descargar o certificado de estaren vacinados, comproméntense a buscar unha solución técnica e trasladarnos resposta.

Acceso á vacinación para mulleres embarazadas ou con fillos en periodo de lactancia:

Atendendo a novos estudios que indican os beneficios da vacinación nestas cirunstancias, están deseñando un protocolo de actuación que asegure a máxima seguridade e permita a vacinación deste sector da poboación.

Acceso á vacinación para persoal en situación de IT:

Tamén está en estudo a posibilidade de citar a este persoal.

Incidencias:

Séguense recollendo e solucionando a través do buzón de educación.

 

 

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".