Mesa Sectorial do 13 de xullo: Protocolo COVID 19. Se funcionou, por que se cambia?

Mesa Sectorial do 13 de xullo: Protocolo COVID 19. Se funcionou, por que se cambia?
0
0
0
s2smodern
 

No día de onte tivo lugar a mesa sectorial na que se nos presentou o Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o Curso 2021-2022 (Protocolo COVID).

O primeiro aspecto do novo Protocolo que criticamos é a rebaixa da distancia social, quedando en 1,2 metros na aula fronte a 1,5 metros no resto dos espazos educativos. Esta distancia de 1,5 metros tamén será entre o alumnado e o profesor. Todos coincidimos en que en maior ou menor medida o Protocolo do curso pasado funcionou polo que non entendemos que se rebaixe esta distancia, escudándose en estudios e evolución epidemiolóxica e non se manteña unha distancia que resultou básica para toda a sociedade e xa asumida por todos. A única explicación é o aforro económico que pode significar o non desdobrar aulas.

Pedimos, igual que xa o fixemos o curso pasado, que a máscara en Infantil sexa obrigatoria.

Esiximos que non volva recaer no profesorado a carga dunha pandemia e que non se lle aumente a carga lectiva enriba das 25 horas en Educación Primaria. Moitos centros educativos de Galicia tiveron ampliaron o horario de apertura e peche do centro para facilitar as entradas e saídas escalonadas. Se non se incrementa profesorado nos centros iso é imposible.

Demandamos que exista unha partida económica específica nos orzamentos dos centros para adquirir todo o equipamento e material necesario ó longo do curso escolar e non que vaia a cargo de gastos de funcionamento.

Esiximos que se revise a catalogación de traballadores sensibles e se adapten os postos de traballo para aqueles que teñan esa consideración. A día de hoxe, “todo” o profesorado e nivel de risco 1 polo que non necesita adaptación. É inconcibible. Evidentemente sabemos que esta categorización non é competencia da CCAA pero a Administración debería transmitir que os seus traballadores lle están a pedir a revisión desta categorización. Ó mesmo tempo, non estaría de mais saber cal é a opinión que ten a XUNTA DE GALICIA sobre esta categorización.

Ademais da análise do novo Protocolo xurdiron outros temas de interese. Podedes ler toda a información detallada no arquivo adxunto.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".