Logo
Imprimir esta página

Os traballadores das Escolas Infantís de Xestión Indirecta cobrarán o mesmo.

Os traballadores das Escolas Infantís de Xestión Indirecta cobrarán o mesmo.
0
0
0
s2smodern

 

A partir do 1 de setembro de 2021, todas as traballadoras dos centros de educación infantil de Xestión Indirecta cobrarán igual

“A Disposición Transitoria Oitava do XII Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil, as traballadoras dos centros de educación infantil –xestión indirecta– cobrarán polas táboas que figuran no Anexo II, apartado C do Convenio Colectivo, independentemente da data na que se realizou o procedemento de licitación ou contratación.

No caso de que o IPC do período comprendido entre o 1 setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021 fose superior ao 2%, revisaranse as mesmas no exceso da indicada cifra con carácter retroactivo desde o 1 de setembro de 2021, actualizándose salarios e táboas para posteriores subidas salariais”.

Por tanto, tal e como di o XII Convenio de Educación Infantil, a partir do 1 de setembro de 2021, as traballadoras dos centros de educación infantil de xestión indirecta, independentemente da data na que se realizou o procedemento de licitación cobrarán o salario que aparece reflectido no Anexo II- Apartado C.

Por outra banda, UGT Servizos Públicos celebra que, grazas á súa firma da subrogación das traballadoras da Educación Infantil nas escolas infantís de xestión indirecta en 2015 (BOE do 19 de xuño de 2015), xa son máis de 30.000 as traballadoras das devanditas escolas as que mantiveron o seu emprego grazas á firma da subrogación e mantemento do seu posto de traballo. Desde entón, o mantemento do posto de traballo destas traballadoras é automático cando cambia a empresa concesionaria.

Os avances na Educación Infantil sempre veñen da man de UGT.

 partir do 1 de setembro de 2021, todas as traballadoras dos centros de educación infantil de Xestión Indirecta cobrarán igual

UGT.es | Política de Protección de datosCookies Privacidad Aviso legal
@FeSP-UGT 2018

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".