Urximos á ministra a reducir as ratios e a carga lectiva do profesorado

Urximos á ministra a reducir as ratios e a carga lectiva do profesorado
0
0
0
s2smodern

Dende UGT urximos á ministra para reducir o número de alumnos por aula e a carga lectiva do profesorado, fortalecer a Escola Pública, a estabilidade do colectivo interino e a equiparación profesional e salarial dos Profesores Técnicos de FP.

O Sector de Ensino de UGT Servizos Públicos mantivo unha reunión coa ministra Pilar Alegría e outros cargos do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Abordáronse os temas pendentes de desenvolvemento regulamentario da LOMLOE (Ensinos mínimos e currículos, promoción e avaliación…), a marcha do trámite parlamentario do Proxecto de Lei de FP e o estado da futura lei de Ensinos Artísticos. Ademáis puxemos de manifesto cuestións que non quedaron resoltas na lei educativa e que se está a tempo de emendar:

  • O aumento  do investimento público en Educación co horizonte do 5% do PIB en 2023, e do 7% en 2025.
  • A redución do número de alumnos por aula e da carga lectiva do profesorado.
  • A estabilización do profesorado interino cun sistema negociado cos representantes do profesorado que poña en valor a experiencia docente.
  • A negociación inmediata do procedemento de incorporación do Profesorado Técnico de FP con titulación universitaria ao Subgrupo A1 e as condicións do resto do PTFP, para evitar perda de dereitos, incluíndo a equiparación salarial.
volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".