Novidades que trae o Real Decreto que regula a avaliación e promoción na Educación Primaria, ESO, Bacharelato e FP

Novidades que trae o Real Decreto que regula a avaliación e promoción na Educación Primaria, ESO, Bacharelato e FP
0
0
0
s2smodern

Resumimos o máis destacado do Real Decreto segundo as etapas ás que fai referencia:

 

Educación Primaria

Para esta etapa formativa o Real Decreto dispón que a avaliación do alumnado será continua e global e terá en conta o seu progreso no conxunto dos procesos de aprendizaxe. Cando o progreso dun alumno non sexa o adecuado, estableceranse medidas de reforzo educativo.

Respecto a a promoción, establécese que as decisións se adopten de forma colexiada, tomando especialmente en consideración o criterio da persoa titora. As decisións sobre a promoción adoptaranse ao finalizar os cursos segundo, cuarto e sexto. No resto dos cursos será automática.

Se o claustro considera que a repetición de curso é a medida máis axeitada, organizará un plan específico de reforzo para que durante ese curso poida alcanzar as competencias correspondentes. Esta decisión só se poderá adoptar unha vez durante a etapa e terá, en todo caso, carácter excepcional.

 

Educación Secundaria Obrigatoria

O Real Decreto prevé que os alumnos que ó terminar a ESO alcanzasen as competencias e os obxectivos da etapa obterán o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de acordo coas decisións adoptadas de forma colexiada polo seu profesorado. A superación dun Ciclo Formativo de Grao Básico tamén conlevará a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Quedan suprimidas as convocatorias extraordinarias e as decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro serán adoptadas de forma colexiada. Os alumnos promocionarán cando superen as materias ou ámbitos cursados. Tamén poderán promocionar incluso con avaliación negativa nunha ou dúas materias se o equipo docente considera que poderán seguir con éxito o curso seguinte e se presupoñan expectativas favorables de recuperación.

A repetición de curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase tras esgotar as medidas ordinarias de reforzo e apoio. Só se poderá repetir curso unha vez e dúas veces como máximo ao longo do ensino obrigatorio. De forma excepcional poderase permanecer un ano máis no cuarto curso.

Obterán o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria os alumnos que, ao terminar a ESO, adquirisen, a xuízo do equipo docente, as competencias establecidas e alcanzado os obxectivos da etapa. O título será único e expedirase sen cualificación.

 

Bacharelato

Nesta etapa será o profesorado de cada materia quen decidirá, ao termo do curso, se o alumno logrou os obxectivos e alcanzou o adecuado grao de adquisición das competencias correspondentes. Os alumnos poderán realizar unha proba extraordinaria das materias non superadas nas datas que determinen as Administracións educativas.

Os alumnos promocionarán de primeiro a segundo de Bacharelato cando superasen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias, como máximo, e deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro.

Quen ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse só destas ou poderá optar por repetir o curso completo.

Para obter o título será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de Bacharelato. Con todo, contémplase a posibilidade de que, excepcionalmente, o equipo docente poida decidir a obtención do título de Bacharel polo alumno ou alumna que superase todas as materias salvo unha.

O título de Bacharel será único e expedirase con expresión da modalidade cursada e da nota media obtida.

 

Formación profesional

Nesta etapa, a avaliación da aprendizaxe do alumnado realizarase por módulos, tendo en conta a globalidade do ciclo. A superación dun ciclo formativo de grao medio, grao superior ou curso de especialización requirirá a avaliación positiva en todos os módulos profesionais que o compoñen. Nos casos de organizacións curriculares diferentes aos módulos profesionais, o equipo docente avaliará, tendo como referentes todos os resultados de aprendizaxe e as competencias profesionais, persoais e sociais que neles se inclúen.

Consulta aquí o Real Decreto completo.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".