Adaptación da guía de actuación ante os casos COVID

Adaptación da guía de actuación ante os casos COVID
0
0
0
s2smodern

O Secretario Xeral convocounos onte ás 14h a unha reunión telemática coa Directora Xeral de Saúde Pública para comunicarnos a adaptación da guía de actuación ante os casos COVID.

Agora mesmo estamos nunha fase de mitigación da pandemia, é dicir que os casos diarios móvense entre 5000 e 6000 casos. É unha fase de alta trasmisión. As persoas que presenten algún síntoma illaranse e faráselle unha proba para confirmar o seu contaxio. O illamento será de 7 días e de 3 días máis de vixilancia (uso de máscara, evitar interaccións e aglomeracións).  Os contactos estreitos asintomáticos con pauta completa de vacinación ou que pasaran o COVID nos últimos 90 días, NON farán corentena, agás o colectivo de especial vulnerabilidade (imunodeprimidos, entorno vulnerable, alumnado de CEE). As probas só se realizarán nas persoas non vacunadas.

Nos centros educativos: considerarase "caso esporádico" se hai menos de 5 positivos, NON se fará corentena en EI e EP (priorízase presencialidade entendendo que os síntomas son normalmente nulos ou leves nesas idades); considérase "brote" se hai 5 ou máis casos, neste caso aplicarase o mesmo protocolo que para o resto da poboación.

No caso dos docentes, o resultado positivo no test de antíxenos é suficiente para comunicar ao centro de saúde e ao centro educativo o contaxio. Para maior celeridade, cubriremos unha declaración xurada seguindo o modelo que a Consellería de Educación publicará no portal. Xunto coa declaración aparecerá a data de realización do test e da comunicación ao médico. Este documento será suficiente para que os centros soliciten persoal de substitución. Isto non exime a obligatoriedade de presentar, ademáis, a baixa por parte do profesorado.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".