XI Convenio Colectivo Nacional de centros de Ensino Privado de réxime xeral ou ensino regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.

XI Convenio Colectivo Nacional de centros de Ensino Privado de réxime xeral ou ensino regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.
0
0
0
s2smodern

O luns 28 de xuño de 2021, celebrouse a primeira reunión da Mesa Negociadora do XI Convenio Colectivo Nacional de centros de Ensino Privado de réxime xeral ou ensino regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.

O X Convenio era relativamente recente, asinouse en xullo de 2018. A pesar diso desde UGT Servizos Públicos cremos necesario que o novo convenio debe actualizarse conforme á normativa legal.

Cremos necesario que o novo convenio conte con máis dereitos sociais e novidades que se adapten ás necesidades dos traballadores tales como novos permisos retribuídos, máis excedencias e limitar os períodos de xornada lectiva e non lectiva, xa que isto supón unha excesiva carga lectiva. E, sobre todo, unha actualización dos salarios que permita o mantemento do poder adquisitivo dos traballadores.

Desde UGT Servizos Públicos, co fin de facilitar unha negociación colectiva áxil, poderiamos valorar a posibilidade de crear unha comisión de traballo na que se traballasen aspectos relativos á xornada laboral dos traballadores, así como outras cuestións de interese xeral como o rexistro de xornada, o teletraballo e a regulación da desconexión dixital entre outros aspectos.

Para UGT Servizos Públicos, esta Comisión sería posible, se se tivesen en conta as cuestións para tratar na firma do mesmo convenio, unha sistematización na temporalidade nas reunións e que fose unha comisión de traballo exclusiva para os asinantes do propio Convenio Colectivo do mesmo xeito que a Comisión Paritaria.

UGT Servizos Públicos ten detallados todos os aspectos que poden ser obxecto de negociación e mellora do convenio colectivo e ponos ao dispor do resto de membros da comisión negociadora para o seu debate.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".