Difusión cultural a través dun proxecto xurdido no Centro Cultural y Educativo Español Reyes Católicos

Difusión cultural a través dun proxecto xurdido no Centro Cultural y Educativo Español Reyes Católicos
0
0
0
s2smodern

Sandra Montero Nogareda, Secretaria do Sector de Ensino de UGT Servizos Públicos en Galicia, participou onte na inauguración da exposición "V Centenario Circunnavegación de Magallanes y Elcano", creada polo Centro Cultural y Educativo Español Reyes Católicos, que se pode visitar no auditorio do Concello de Caldas.

Esta exposición configura, ademais, o punto de partida dunhas xornadas formativas dedicadas a coñecer de cerca a creación dun proxecto de difusión cultural nun centro da ación educativa española no exterior. Escola Viva e UGT Servizos públicos, sempre atentos ás demandas do colectivo docente, colaboran na xestión desta formación creada polo Centro Reyes Católicos e que contará con poñentes da talla de Pablo Pinedo Reyes, Luís Fernández López ou Cristina Portillo Mayorga.

Estas xornadas, que permitirán a máis de trinta docentes de toda Galicia adentrarse na acción educativa no exterior, serán posibles grazas ó apoio do concello de Caldas é  á gran implicación do Centro Reyes Católicos personalizada na figura do coordinador do curso  Julio Pérez Fraile.

 

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".