OPE SERGAS. Previsión das datas e horarios dos exames

OPE SERGAS. Previsión das datas e horarios dos exames
0
0
0
s2smodern

 

Infórmase dende o SERGAS que está previsto que o xoves 2 de setembro se publiquen no Diario Oficial de Galicia o lugar, data e hora de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o acceso ás distintas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a de urxencias hospitalarias, médico/a asistencial do 061 e técnicos/as sanitarios/as de formación profesional (agás neste último suposto, técnico/a de farmacia-quenda de discapacidade intelectual).

 

Os exercicios desenvolveranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia-Silleda, de conformidade co cronograma inicialmente previsto que novamente se achega, en xornada de mañá (9:30 horas).

 

Como principais novidades respecto de anteriores procesos, por razóns organizativas derivadas do contexto sanitario actual, a acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante terá á súa disposición desde a data desta publicación, en Fides/expedient-e, e que deberá levar impreso o día do exame. Non se efectuará chamamento individualizado dos/das aspirantes.

 

Así mesmo, cada aspirante terá asignado un número de posto de exame (mesa), que deberá ocupar para a realización das probas, e que se anticipará a efectos informativos desde o 2 de setembro na páxina web do Sergas ademais de formar parte da información contida no código QR.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".